Xa queda pouco para o San Xurxo e para que non haia ningunha dúbida e ninguén se esqueza de nada, queremos recordar unha serie de datos que compre ter en conta:
Os horarios de saída e chegada son os seguintes:
Saíremos o venres 20 dende o Palacio dos deportes (explanada enfrente do estadio de Riazor) ás 18:30 horas, e voltaremos ao mesmo lugar o Domingo 22 arredor das 20 horas.
Rogamos puntualidade, xa que non soamente vamos Stoas, senón que somos moita xente mais e non podemos retrasarnos en exceso.
Durante o campamento, as distintas unidades van ter que buscar un tesouro agochado na cidade, o cal faran xogando e representando un rol ou papel diferenciado do das demais unidades.
Os lobecos van ser excavadores e todos eles ao igual cos seus responsables terán que levar:
- Botas de montaña (ou calzado cómodo e que suxeite ben o pé)
- Roupa cómoda
- Unha camiseta de cor branco
- Un gorro, bisera ou casco de cor amarelo
- Unha linterna frontal (linterna para poñer na cabeza)
- Un pico ou pala de xoguete (xa temos o grupo para todos/as)
Os rangers van ser detectives e terán que levar, tanto eles como os seus responsables:
- Botas ou calzado cómodo que suxeite ben o pé
- Roupa cómoda
- Unha camiseta de cor oscura (negra, marrón, azul oscuro)
- Gorro similar ao dun detective (pódese facer con dúas gorras, poñendo una cara adiante e outra cara atrás)
- Uns prismáticos e unha lupa (poden ser de xoguete no caso de non ter de verdade)
Os pioneiros serán arqueólogos e os rutas serán enseñeiros, pero como en Stoas non hai estas unidades, non fai falla explicar o que teñen que levar.
Por último gustarianos aconsellar, como experiencia ao longo de moitos campamentos, que os que non o fixechedes ata agora, aproveitando que a este campamento vai ir moita xente, vos animedes a poñerlle nome á roupa, saco, esterilla, plato, cubertos e poto para que se saiba de quen é , e no caso de que desaparezca e alguén o encontra poida devolverllo ao seu dono.
Por outro lado, o horario de chamadas é como sempre despois de comer, durante a hora libre (de 3 a 4 da tarde).
Recalcamos a importancia de facer correctamente unha mochila, imprescindible por cuestións principalmente de saúde. Os rangers xa tiveron fai non moito tempo unha actividade na que recordaron como facela, pero sempre está ben refrescar os coñecementos.
Deixamos este enlace a ún dos apartados da nosa web no que se explica:
Creemos que non se nos esquece nada, se tedes calquera dúbida podedes chamar ao móbil do grupo e a resolveremos.
Un saúdo coa man esquerda,
sempre listos!!